Este proxecto realizará actividades de conciliación para as tardes do 1 ao 19 de xuño e ás mañás do 22 de xuño ao 10 de xullo para os nenos e nenas de Infantil e Primaria de calquera colexio e nenos/as que se vaian incorporar a 3 anos no vindeiro curso.
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son:
As actividades realizaranse de luns a venres:
Todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos).
De forma online ata o 15 de maio.
Formulario de InscriciónEn caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición, contactar con administración do colexio ou nos correos:
Para as actividades do 1 ao 19 de xuño:
Priorizarase a realización de tódalas actividades ao aire libre: obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, ciencia divertida, xincanas musicais, deportivas…
* Recomendamos aos participantes traer unha gorra e unha botella de auga (se é posible con nome).
Para as actividades do 22 de xuño ao 10 de xullo:
Ofreceremos programas diferentes en función das idades con equipos de monitores propios. Os espazos serán de uso exclusivo, dándolle preferencia ao aire libre. Ademais das instalacións do colexio, contémplanse saídas puntuais en pequenos grupos a parques da cidade ou piscinas.
É posible que non poidades traer aos vosos fillos/as toda a actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes ou días soltos.
| Actividades do 1 ao 19 de xuño | |
|---|---|
| 1 semana | 40 € |
| 2 semanas | 80 € |
| 3 semanas | 105 € |
| Días soltos | 9 € / día |
| Actividades do 22 de xuño ao 10 de xullo | |
|---|---|
| Do 22 ao 30 de xuño | 95 € |
| Do 1 ao 10 de xullo | 110 € |
| Días soltos | 15 € / día |