Este proxecto realizará actividades de conciliación para as mañás do 1 ao 8 de setembro e as tardes do 1 ao 30 de setembro. Os destinatarios son todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria (incluídos) de calquera colexio.
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son:
● Educar en valores a través do xogo.
● Favorecer a creatividade dos vosos fillos/as.
● Fomentar a participación e o traballo en equipo.
● Facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa familiar.
As actividades realizaranse de luns a venres. Priorizaremos o uso de espazos exclusivos e ao aire libre.
🗓️ Do 1 ao 8 de setembro
⏰ 9:00 h a 13:30 h / 14:00 h
Deportes, obradoiros, grandes xogos, xogos de auga...
*Recomendamos traer gorra e botella de auga co nome.
🗓️ Do 1 ao 30 de setembro
⏰ 15:00 h a 17:30 h
Programas diferentes en función das idades con equipos de monitores propios.
É posible que non poidades traer aos vosos fillos/as toda a actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes ou días soltos (15 € / día solto de mañá ou tarde).
As inscricións realizaranse de forma online ata rematar as prazas:
Acceder ao Formulario de Inscrición
En caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición, contactar coa administración do colexio ou no correo: tempolibre.ourense@vedruna.es