26-05-2016

LETRAS GALLEGAS SECUNDARIA


Este luns, 9 de maio, os alumnos da ESO e de Bacharelato comezaron a celebración da Semana das Letras  Galegas. Xa pola mañá, os rapaces de 1º da ESO adornaron as paredes do colexio coas súas creacións inspiradas nos poemas de Manuel María. 

Os alumnos de 3º continuarán o seu traballo ao longo desta semana. Pola tarde, no Salón de Actos, recordamos a Manuel María cun breve percorrido pola 
súa vida e obra. Deseguido, varios alumnos de 1º e 2º da ESO e de Bacharelato recitaron poemas de Rosalía de Castro e de Manuel María. O Dpto. de Lingua fixo entrega dos diplomas a estes alumnos, participantes e premiados na fase escolar do concurso de declamación convocado pola Fundación Casa-Museo Manuel María. A  continuación, varias alumnas recitaron as súas propias composicións. E pechamos o acto coa lectura dramatizada dunha parte da obra teatral infantil Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.

Cómpre destacar o bo facer, a creatividade e a colaboración entusiasta  dos alumnos participantes neste acto. Moitas grazas a todos!! Feliz Semana das Letras Galegas!!





Imágenes asociadas




Acceso Google APPS - Fundación Educarte -Calidad - Aviso legal - 2017