16-05-2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN PRIMARIA


O venres 13 de maio celebramos as Letras Galegas  no Salón de Actos do colexio cun abano de actividades que renderon homenaxe á nosa lingua e especialmente a Manuel María.

Biografía do autor,recitado de poemas,algúns deles musicados,cantigas de cego,interpretacións instrumentais, entrega de premios dos concursos convocados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega: marcadores de páxinas, fotografía, mellor lector en lingua galega.Todo elo tivo como remate a interpretación do himno galego. 






Imágenes asociadas




Acceso Google APPS - Fundación Educarte -Calidad - Aviso legal - 2017