11-04-2016

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


O pasado luns, 11 de abril, o autor Marcos Calveiro visitou novamente o noso centro. O escritor  acudiu a un encontro cos alumnos de 3º da ESO que leran na primeira avaliación o seu libro Todos somos.

Marcos Calveiro, que vén de recibir o premio IX Premio Repsol de Narrativa Breve  con Fontán, explicou brevemente a súa intención ao escribir un libro como Todos  somos.  A continuación, cedeulle a voz aos asistentes que aproveitaron para preguntarlle sobre as afeccións lectoras do escritor, os hábitos á hora de escribir, os premios… cuestións que o autor responde amplamente. 

Foi para nós un pracer e unha honra compartir con el unha hora de conversa sobre libros e lecturas. O noso agradecemento a el e a Edicións Xerais por facer posible este encontro.





Imágenes asociadas




Acceso Google APPS - Fundación Educarte -Calidad - Aviso legal - 2017