21-05-2015

LETRAS GALEGAS 2015 – XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


Proxección de power point sobre Filgueira Valverde

Proxectouse na pantalla o Himno de Ourense de Manuel de Dios

1.-Un alumno interpretou o HIMNO GALEGO coa gaita.
2.-Recitado  da poesía “O VELLO POETA”
3.-Representación:

O VELLO POETA

Era un poeta tan vello, tan vello, que polos buracos do pantalón se lle escapaban as letras que lle enchían os seus petos de poeta.
Unha tarde os petos rompéronlle de todo , vencidos polo peso , e deles caeron en tropel as últimas letras, unha tras doutra, formando una longa fileira no chan. Pero non caeron sen ton nin son, senón dunha maneira especial.
Entón uns nenos que pasaban por alí antes de que o vento as diseminase, puideron ler o  seguinte:

LETRAS GALEGAS  2015

E como todos os anos por este día fíxose una semblanza sobre a vida e obra do “Vello profesor”

A rondalla deleitounos cunha peza musical titulada:”Teño un amor en Rianxo”
Raimundo  transmitiunos un pouco do seu saber sobre a música galega.

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria , nesta velada Poético- Musical recitaron e interpretaron unha escolma de poesias de Filgueira Valverde e outros destacados poetas galegos, acompañados por outros alumnos que interpretaron distintos instrumentos musicais.

Ao final cantamos todos o Himno Galego

Foi unha velada moi bonita.






Imágenes asociadas




Acceso Google APPS - Fundación Educarte -Calidad - Aviso legal - 2017