04-03-2015

FORMACIÓN DO GRUPO DE TEATRO PARA NAIS E PAIS


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos invitar a familiares dos nosos alumnos así como a profesores e membros da comuninade educativa a formar parte dun proxecto que queremos pór en marcha xa este curso,trátase da creación dun grupo de teatro co fin de dinamizar o emprego da nosa lingua cunha actividade que ,ao tempo,nos permitirá profundar na necesaria interrelación entre todos os que formamos parte dunha maneira ou doutra do noso Centro.

Para elo contamos coa inestimable axuda de Pablo Silva ,o noso profesor de teatro.

   En principio o día máis axeitado parece ser o mércores a partir das 6 da tarde.

   Os interesados podedes pórvos en contacto con nós a través do correo: edlgcarmelitasourense@gmail.com







Acceso Google APPS - Fundación Educarte -Calidad - Aviso legal - 2017