12-05-2014

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


Marcos Calveiro, mantedor dos XXXIV XOGOS FLORAIS do Colexio Carmelitas de Ourense, o día 29 de abril, disertou sobre o labor creativo que debe levarse a cabo nas aulas, e cómo para poder facelo é imprescindible a lectura, motivada polos propios educadores. Asemade deleitou a todo o público, educadores, pais e alumnos cun relato xenuíno co mesmo título có traballo realizado polos alumnos: O Espello máxico.


Esa mesma mañá participou nun coloquio  con alumnos de 3º e 4º de ESO, “encontros co escritor”  coa finalidade de expoñer o proceso creativo que levou a cabo para compoñer a súa obra titulada  “Todos somos” . 






Imágenes asociadas




Acceso Google APPS - Fundación Educarte - Calidad - Aviso legal - Politica de privacidad - Politica de cookies - Cláusulas