16-12-2013

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA “MUSEO ETNOGRÁFICO DE GALICIA” 


BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA “MUSEO ETNOGRÁFICO DE GALICIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO COLEXIO PLURILINGÜE SANTA TERESA DE JESÚS.FUNDACIÓN EDUCARTE.VEDRUNA.


-Poderán participar todos os alumnos do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús .Fundación Educarte.Vedruna de Ourense.

-Os motivos poden ser variados pero farán referencia á nosa cultura e forma de vida sobre todo no pasado:apeiros de labranza,útiles de cociña,candís,cabaceiros,ferros de pasar,matanza,magosto,entroido,fotos de persoas…

-As fotografías enviaranse en  formato dixital ao correo rogeliofarinas@gmail.com 

-O Centro pasará a ser propietario de todas as fotografías presentadas a concurso e poderá dispor delas  para aquelas manifestacións que considere necesario.

-Poderanse enviar fotografías fóra de concurso para colaborar coa exposición.

-As fotografías presentadas a concurso deberán levar un pé de foto,exemplo:Matanza,Celanova,1995.

-Poderanse enviar os traballos en calquera época do ano pero para participar no Concurso deben estar en posesión do xurado antes do 30 de abril de 2014.

PREMIO:

-O participante coa fotografía seleccionada como gañadora será obsequiado cunha dotación económica de 50 € que o premiado poderá investir no comercio que se indicará no momento da resolución e sempre en material relacionado coa lingua galega.

-O xurado resérvase o dereito de declarar baleiro o concurso se considera que ninguna fotografía acada o nivel mínimo de calidade.

OBS:O obxectivo primordial deste concurso e a creación dun museo etnográfico dixital e fotográfico co gallo de pór en contacto a nosa comunicade educativa co pasado e presente da cultura galega.

O Museo Virtual pódese visitar no seguinte enlace: http://spauria.com/carmelitas.htm








Acceso Google APPS - Fundación Educarte - Calidad - Aviso legal - Politica de privacidad - Politica de cookies - Cláusulas