16-12-2013

3º CONCURSO DE CURTAMETRAXE EN GALEGO 


3º CONCURSO DE CURTAMETRAXE EN GALEGO ORGANIZADO POLO EDLG DO COLEXIO PLURILINGÜE SANTA TERESA DE JESÚS.FUNDACIÓN EDUCARTE.VEDRUNA.

BASES CONCURSO CURTAMETRAXE:

-Poderán participar todos os alumnos do Colexio  Plurilingüe Santa Teresa de Jesús.Fundación Educarte.Vedruna.
 -De haber diálogos terán que ser en galego.
-Os temas serán totalmente libres.
-Non se admitirán gravacións de contido sexista,xenófobo ou que atente á dignidade das persoas.
-Os traballos realizaranse con calquera sistema de gravación.
-O Centro pasará a ser propietario de todas as películas presentadas a concurso e poderá dispor delas  para aquelas manifestacións que considere necesario.
-As persoas que aparezan na gravación deberán dar o seu consentimento,é dicir,non se poderán gravar esceas da vida cotiá especialmente se aparecen menores de idade xa que se podería vulnerar o dereito á intimidade.
-En ningún caso se realizarán as filmacións dentro do recinto escolar xa que os ditos dispositivos están prohibidos no centro.
-Os traballos serán presentados antes do 30 de abril de 2014.

PREMIO:
O vídeo ganador recibirá un vale de 50 € que poderá investir no comercio que se dirá no  momento da resolución.







Acceso Google APPS - Fundación Educarte - Calidad - Aviso legal - Politica de privacidad - Politica de cookies - Cláusulas